Vigo, 22 de setembro de 2008- “O plan Vigo Integra debe retirarse para redactar un verdadeiro plan sectorial viario”, así o manifestou o Vicepresidente da Deputación, Jose Manuel Figueroa, quen compareceu hoxe, na sede da Deputación en Vigo,xunto coa vicepresidenta Corina Porro, acompañados polo Director de Infraestructuras da Institución provincial. para dar conta das alegacions remitidas polo ente provincial á Conselleria o respecto do Plan Vigo Integra.
Ao longo da sua intervención a vicepresidenta, Corina Porro, calificou a redacción deste olan como unha “tomadura de pelo” e unha “posta en escena”dun goberno da xunta que leva unha lexislatura dandolle “a espalda a cidade”.
OPol sua banda o Vicepresidente manifestou, que A Deputación considera que o plan non reune as condicions mínimas para poder ser aprobado, e acusou a Conselleria de facer “un documento inexacto, incoherente, falto de rigor, sen datos actualizados, sen un traballo de campo axeitado e sen un analise de alternativas”.
Figueroa sinalou que a única aportación que se pode considerar innovadora do plan da Xunta é o nome , e acuso a Conselleira de “ocultar tras un nombre aparentemente atractivo, un documento carente dun mínimo rigor e que se limita a recopilar datos estadisticos e planos de diferentes actuacions, sen unha mínima elaboración”.
Nesta liña o Vicepresidente, manifestou a súa sorpresa ante a ausencia no plan viario de actuacions recollidas no Plan xeral de Vigo que foi aprobado pola Consellería en datas recentes. Neste senso, amosou a conformidade da Deputación coa valoración feita polos tecnicos da xerencia de Urbanismo de Vigo que indican que se deben incluir no documento 11 actuacions no recollidas no plan, pero previstas no P.X.O.M.
Ademáis, Figueroa, denunciou que o plan non tivo en conta a rede de estradas da Deputación e tampoco propon actuacions na mesma e resaltou como por parte dos tecnicos da Deputación considerase que no plan deberíanse incluir, a lo menos, sete actuacions de mellora da rede provincial. Así mesmo o plan esquence actuacions que , en opinión dos
técnicos provinciais deberian estar incluidas nel: Mellora das conexions da autovia do Val Miñor coas zonas altas de Baiona, novo enlace do corredor do Morrazo con Darbo e mellora da circulación na franxa costeira de Cangas
O Vicepresidente emplazou a Conselleira a reiniciar a tramitación dende o principio, retirando o plan Integra, e poñendo os técnicos da Conselleria a traballar nun verdadero plan sectorial de Vigo e a súa area de influencia.
Figueroa quixo resaltar tamén a falta de concreción financiera do Plan, así como a falta de compromiso da Administración central, que é quen debe executar as actuacions de maior envergadura, a traves do Ministerio de Fomento e da Concesionaria da Autopista.
Por último e ademáis destas alegacións presentadas pola Deputación de Pontevedra, Jose Manuel Figueroa, numerou algunhas das carencias que este plan presenta en relación a cidade de Vigo, algunhas delas son:
- Falta do trazado conexión ferroviaria Bouzas-Areal-Guixar e posterior enlace con terreos PLISAN
- Ausencia de delimitación da estación de autobuses
- Estudio do metro
- Imposibilidade do traslado de grandes pezas industriales con dirección ao porto dende municipios limítrofes ao preverse a entrada ao túnel por a Avenida de Madrid e non se cumpren as medidas mínimas para esta clase de transportes especiais.
- A proposta de prolongación do primeiro cinturón dificulta o tránsito de vehículos pesados
- Ausencia dun estudo de transporte metropolitano
- Os supostos aparcadoiros disuasorios previstos (Ifevi, Balsa, Avd. Madrid……)non cumpren en realidade dita función, xa que so prestan un servizo a esas concretas dotación, non existindo un servizo de transporte que permita a intermodalidade.
- Boa parte das conexións previstas (Cuvi, Novo Hospital….) discorren por enteiro por núcleos residenciais consolidados nas parroquias de Beade e Bembrive, creando unha división das mesmas, o que produce unha fractura social evidente.
ALEGACIÓNS
En relación coas actuacions concretas, no informe de alegacions a Deputación manifesta o seu rexeitamento a 13 das actuarios previstas no plan:
As actuacions Novo vial de conexión da estrada da universidade coa nova autovia Porriño – Vigo e a autovía Gondomar – Tomiño, debense eliminar por non ser necesarias. Ase mesmo, as circunvalacions de Gondomar, Moaña e Cangas, así como a mellora da PO -313, debense reformular no seu deseño e concepción.
No que atinxe o resto das actuacions:
- Conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo e o aeroporto: a Deputación realizou unha alegación o Ministerio de Fomento, no mes de xaneiro , solicitando a elección do trazado Nº 11 fronte o escollido polo
Ministerio que é o Nª 5. Pois ben a pesar do clamor popoular existente en Vilaboa, Redondela e Soutomaior . Así como apesares do clamor político unánime existente na zona, a Consellería consideró no plan, o trazado nº5, que supoñe a construcción de duas autovias paralelas cun impacto ambiental e social inadmisible.
- Via de alta capacidade Tui – A Guarda: No plan únicamente se recollen os tritos I E III deste vial. O Treito nº II, que se corresponde co trazado no concello de Tomiño, non aparece nos planos. En todo caso este treito se atopa en fase de analise de alegaciosns por parete da Conselleria, que plantexa tres trazados que para a Deputación son inadmisbles os tres, considerandio que o úinico trazado viable ë o tramitado no 2005, que foi anulado por o actual Goberno da Xunta.
- Variante de A Guarda: Esta actuación tamén está en fase de estudio de alegacions por parte da Consellería e por iso non aparece recollida nos planos do plan. Non obstante a Deputación xa manifestou a Consellería su preferencia pola alternativa que iclue a construcción dun tunel polo seu menor inmpacto ambiental así como por ser de mellor trazado en planta e alzado.
- Amplación do tercer carril AP – 9. Treito Teis – Enlace aeroporto: O plan únicamente recolle o terceiro carril ata a boca norte dos tuneles de Candean . Os tecnicos da Deputación consideran que este terceiro carril debe ter continuidade ata o enlace do aeroporto.
- Reordenación viaria e integración paisaxistica PO-325 Vigo a Ramallosa: Baixo esta atractiva denominación, se esconde a actuación do polemico carril bici entre Vigo e A Ramallosa. Os tecnicos da Deputación consideran que esta actuación debese reformular para evitar posibles problemas como os acontecidos noutros carris de bicicletas . Neste sentido a Deputacion considera que un carril para bicicletas nunha zona con frecuentes interseccions e con moitos accesos a propiedades, pode xerar problemas de seguridade vial para os propios usuarios do carril.
- Reordenación glorieta A Ramallosa: Esta actuación non supoñe a execución de ninghuna infraestructura, seno que planteas a modificación da circulación nese entorno estableciendo un único sentido de circulación nas
PO-552 e PO-325. Os tecnicos da Deputación consideran que para xustifiacr unha actuación desta natureza deberíase argumentar e xustificar a mellora e, por suposto, ter a conformidade dos tecnicos dos concellos de Nigran e Baiona.
- Ronda de Vigo: tramo A Balsa – Saians – Porto de Molle: Entendendo que é imoprescindible descongestionar as actuais estradas De Vigo a A Ramallosa, o Plan presenta unha contradicción,
- Tunel Portanet- Castrelos – Antonio Palacios : Se debe ampliar na súa lonxitude e modiifcar no trazado en planta para alonxarlo das vivendas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario